Friday 17 de May de 2024

O vídeo da campaña “Miña Coruña” supera as 98.000 reproducións en oito días


 

A peza audiovisual en que o concello, a través do Consorcio de Turismo, alenta a cidadanía para afrontarmos xuntos esta crise sanitaria chegou a 243.500 persoas unicamente a través das canles oficiais

A campaña “Miña Coruña”, en que o Consorcio de
Turismo alenta a cidadanía co vídeo “Somos un faro”, acadou as 98.142
reproducións en oito días, cun alcance estimado nas canles oficiais do concello de
243.500 persoas, xa que tamén foi compartido por outras redes como Coruña
Cociña ou o Real Club Deportivo de La Coruña, que provocou un aumento
considerable de visitas.

A iniciativa reforza a importancia de afrontarmos xuntos esta crise sanitaria, á vez
que recorda que falta menos para desfrutar da cidade e dos seus recursos. En
concreto, despois de subilo fai oito días, en Facebook contabilizáronse 30.000
reproducións entre as dúas versións en galego e castelán, por parte de 105.200
persoas usuarias, mentres que en Twitter foron 41.400 as veces que se visualizou a
peza por parte de 103.715 seguidoras e seguidores. En Instagram foi visto por
22.933 persoas usuarias en 15.142 ocasións e en Youtube rexistráronse 11.600
reproducións.
A campaña amosa imaxes da Coruña cunha mensaxe esperanzadora para levar
mellor este período de confinamento e nela o concello agradece o traballo e a
solidariedade dos colectivos profesionais e da veciñanza en xeral. O vídeo, que se
pode ver en https://youtu.be/tErwAX5NZEQ, dura un minuto e 12 segundos e busca

Nota de Prensa

enxalzar os valores atlánticos da urbe, coa luz da Torre de Hércules como eixe
central.